Acordo transformativo con Wiley para publicar en aberto

UVigo - Biblioteca 30/04/2021

A Universidade de Vigo, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial John Wiley & Sons.

O acordo permite o acceso a todas as revistas de Wiley, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas do editor (hybrid OA) cubrindo o 100% das taxas de publicación (APC).

Para beneficiarse dos descontos nos APC:

  • O autor ou autora da correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Cómpre ter un artigo aceptado para a súa publicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

As persoas beneficiarias comprométense a:

Máis información nas guías:

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.

As consultas pódense realizar a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal


Novas relacionadas