Semana internacional do acceso aberto 2025
23 de outubro, a través de Campus Remoto
Do 20 ao 26 de outubro de 2025 desenvólvese a Semana Internacional do Acceso Aberto 2025. Co gallo desta celebración a Biblioteca Universitaria e a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación organizan un seminario web sobre «Ciencia aberta, ciencia cidadá e acceso aberto».
A actividade terá lugar a través de Campus Remoto o vindeiro xoves, 23 de outubro, de 11.00 a 13:00 horas. Debaterase sobre a oportunidade de conectar o acceso aberto coa divulgación científica como unha fórmula de contribuír á consolidación da ciencia aberta no eido da ciencia cidadá.
O seminario conta coa participación de Pablo Camacho Bolós (Departamento de Cultura Científica e da Innovación de FECYT), Marta Pérez Rodríguez (profesora titular da Área de Didáctica das Matemáticas da Universidade de Vigo), Nieves Lorenzo González (catedrática de Física da Terra da Universidade de Vigo) e Claudia Lorenzo Rubiera (responsable da sección de cultura da plataforma de divulgación científica The Conversation).
Como nos anos anteriores, a conmemoración compleméntase coa publicación do informe As publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria.
Inscrición ao seminario
As persoas interesadas en asistir ao seminario web deben enviar un correo electrónico a admibc@uvigo.gal co asunto «Semana OA – Webinar» e indicarán os seguintes datos: nome e apelidos, centro de estudo ou de traballo (facultade, escola, servizo ou unidade) e campus.
Ao recibir o correo, enviaráselle ao enderezo de correo-e da persoa remitente o contrasinal para acceder, a partir das 10:50 horas do día 23 de outubro, á aula virtual de Campus Remoto na que se desenvolverá o seminario.
Biblioteca Universitaria
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
admibc@uvigo.gal




