Avaliación da satisfacción dos directores/as e titores/as de teses de doutoramento 2026
Ata o 31 de xullo o profesorado que dirixiu ou titorizou teses de doutoramento nos cursos 2024/2025 e 2025/2026 poderá avaliar a súa satisfacción cos programas de doutoramento.
A enquisa poderase responder en liña a través dunha aplicación informática á que cada director/a e titor/a de tese de doutoramento poderá acceder a través dunha ligazón personalizada que recibirá de xeito automático por mensaxaría electrónica. A enquisa foi adaptada para homoxeneizala coas das outras dúas universidades do sistema universitario galego.
O tratamento das respostas será anónimo e confidencial e nunca serán tratadas persoalmente. A identificación mediante o código de acceso en ningún caso quedará asociada ás respostas emitidas ao encher o cuestionario.
Para calquera dúbida, soporte ou apoio, cómpre dirixirse á coordinación de calidade da Escola Internacional de Doutoramento, a través do enderezo electrónico eido.subdir@uvigo.gal ou do teléfono 986 813 442.
Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a colaboración do profesorado dun xeito sincero e responsable.
Máis información:
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido.subdir@uvigo.gal
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 988
tscalidade3@uvigo.gal




