Certificación da Eido 2026
A Escola Internacional de Doutoramento (Eido) da Universidade de Vigo vaise someter a un proceso de avaliación externa co obxectivo de acadar a certificación da implantación do seu sistema de garantía de calidade (SGC).
Para isto, deberá superar a visita dunha comisión de avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o vindeiro 8 de setembro.
Este proceso responde as liñas estratéxicas da Eido 2022-2026 orientadas a consolidar unha cultura de calidade, igualdade e sostibilidade, e a alcanzar o recoñecemento, o posicionamento e a visibilidade mediante a excelencia na formación e a investigación e a transferencia do coñecemento.
A certificación da Eido abrangue o ciclo de doutoramento da UVigo, isto é, a propia Eido con todos os programas de doutoramento adscritos, así como os servizos asociados, e aborda temáticas tales como a dirección estratéxica e a gobernanza, a xestión dos programas de doutoramento, a formación das e dos investigadores ou a xestión académica.
Este recoñecemento externo dálle continuidade á certificación do deseño acadada en 2019 pola Eido, que se mantén como a primeira escola de doutoramento do SUG en acometer este proceso.
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 988
tscalidade3@uvigo.gal




