Enquisa de avaliación de satisfacción do profesorado dos programas de doutoramento 2022

UVigo - Calidade 29/06/2022

A Escola Internacional de Doutoramento (Eido) abre o prazo para participar na enquisa de avaliación de satisfacción do profesorado dos programas de doutoramento 2022.  

O prazo para cubrila permanecerá aberto desde o 30 de xuño ata o 26 de xullo (ambos os dous incluídos).

O cuestionario está harmonizado coas outras universidades públicas do sistema universitario de Galicia (SUG) e poderán contestalo as seguintes persoas:

  • Titores/as de teses no período 2020/21 a 2021/22 
  • Directores/as de teses no período 2020/21 a 2021/22

A participación farase en liña a través dunha aplicación informática de enquisas á que se poderá acceder a través dunha ligazón personalizada enviada de xeito automático por mensaxaría electrónica.

O tratamento das respostas será anónimo e confidencial e nunca serán tratadas persoalmente.

Lembrámosvos que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a vosa colaboración dun xeito sincero e responsable.

 

Máis información:

Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal