Enquisa de satisfacción do estudantado cos programas de doutoramento 2025
Do 13 de outubro ao 16 de novembro de 2025 o estudantado poderá avaliar a súa satisfacción cos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
Tal e como aprobou a Comisión de Calidade da Eido, avaliarase o curso 2024/2025 a través de dous cuestionarios diferentes: un destinado ao estudantado matriculado no 1.º ano de doutoramento, e o outro ao estudantado matriculado no 3.º ano do dito curso.
Os cuestionarios poden responderse en liña mediante unha aplicación informática de enquisas á que se accede a través dunha ligazón personalizada para cada estudante de doutoramento.
O tratamento dos datos é anónimo e confidencial. O acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario nin ao tratamento dos seus resultados.
Para calquera dúbida, soporte ou apoio, podes dirixirte á coordinadoción de calidade da Escola Internacional de Doutoramento, a través do enderezo electrónico eido.subdir@uvigo.gal ou do teléfono 986 813 442.
Lembrámosche que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a túa colaboración dun xeito sincero e responsable.
Máis información:
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido.subdir@uvigo.gal




