PRIMEIRO CUADRIMESTRE DO CURSO 2022/2023
Enquisas de avaliación docente
Ata o 23 de decembro de 2022 permanecerá aberto o prazo para realizar as enquisas de avaliación docente (EAD) do primeiro cuadrimestre do curso 2022/2023.
Para participar, o estudantado recibirá un correo coa ligazón para acceder á aplicación de avaliación docente desde a súa secretaría virtual.
Tamén se poderá acceder seguindo estas indicacións:
- Páxina web da Universidade de Vigo
- Secretaría virtual
- Control de acceso
- Avaliación docente
Atoparás máis información sobre as enquisas de avaliación docente nesta ligazón.
Grazas pola túa colaboración.
Máis información:
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
tscalidade2@uvigo.gal