Curso 2018/2019

Enquisas de avaliación da satisfacción coas titulacións 2018/2019

Ata o 10 de xuño

UVigo - Calidade 09/05/2019

Ata o 10 de xuño de 2019 está aberto o prazo para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción coas titulacións oficiais (graos e mestrados) da Universidade de Vigo do curso 2018/2019, entre todo o profesorado, o estudantado dos mestrados e do terceiro curso dos graos. 

Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible xa que constitúe unha fonte de información para a mellora continua dos centros e das titulacións. Por iso, agradecemos a colaboración de todas as persoas dun xeito sincero e responsable. O programa de medición da satisfacción é un programa propio da nosa universidade baseado nos estándares nacionais e internacionais e nas esixencias de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

A enquisa é anónima e confidencial. A identificación mediante o NIF, NIE ou outro documento só cumpre a función de código de acceso, de xeito que en ningún caso quedará asociada á resposta emitida ao encher o cuestionario.

Para realizar a enquisa, está habilitada unha plataforma informática na secretaría virtual onde está dispoñible un apartado de axuda onde atoparás información sobre o procedemento.

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 641
​​​​​​enquisas.calidade@uvigo.es
Coordinación de calidade nos centros