Enquisas de avaliación da satisfacción dos graos e dos mestrados 2021/2022

UVigo - Calidade 12/05/2022

Lembrámosvos que o prazo para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción dos graos e dos mestrados do curso 2021/2022 permanecerá aberto ata o 17 de xuño.

Poderá participar na enquisa as seguintes persoas:

  • O estudantado de grao que se matricule por primeira vez no penúltimo curso do grao.
  • O estudantado de mestrado que se matricula por primeira vez no último curso do mestrado.

Agradecémoslle ao estudantado a súa colaboración dun xeito sincero e responsable xa que as enquisas son unha fonte de información fundamental para mellorar as titulacións.

A enquisa é anónima e confidencial e para realizala está habilitada unha plataforma informática na secretaría virtual.

Enquisa

Animámosvos a participar!
 

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 641
​​​​​​areadecalidade@uvigo.gal