Enquisas de satisfacción cos graos e cos mestrados do curso 2025/2026

UVigo - Calidade 10/12/2025

Xa está aberto o prazo para realizar as enquisas de satisfacción cos graos e cos mestrados do curso 2025/2026.

Poderá participar na enquisa:

  • O estudantado de grao e de mestrado matriculado nunha materia dos dous últimos cursos da súa titulación

Atoparás a enquisa na túa secretaría virtual na aplicación «Enquisa de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais».

Coa túa participación coñeceremos a túa opinión sobre a titulación e poderemos tentar mellorala.

Animámosvos a participar!
 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 641
​​​​​​areadecalidade@uvigo.gal