Sistema de garantía de calidade
O obxectivo do Programa FIDES-AUDIT (Sistema de Garantía de Calidade) é guiar os centros no seu labor de integración de todas as actividades relacionadas coa garantía de calidade das ensinanzas e favorecer os procesos de verificación, seguimento e renovación da acreditación das titulacións.
É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Alcance
As directrices deste programa aplícanse ás titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento impartidas nas facultades e nas escolas propias e adscritas da nosa universidade.
Fases e funcionamento
A ACSUG establece as esixencias de calidade a partir dos criterios e directrices para a garantía de calidade no EEES actualizados no ano 2015 pola Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior (ENQA).
Os sistemas de garantía de calidade (SGC) que deseñamos desenvolven estas esixencias e criterios, que se aplican nos centros.
Esta fase de deseño dos SGC é obrigatoria para os centros e debe ser certificada despois de superar unha avaliación documental. A aplicación e mellora deste funcionamento pode dar lugar a unha fase de certificación da implantación dos SGC, voluntaria, nos centros que desexen mostrar a súa madurez na implantación efectiva e na calidade da súa xestión.
Normativa
- Real decreto 822/2021, do 28 setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e o procedemento de aseguramento da súa calidade
- Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento
Documentación
Documentación marco dos centros (graos e mestrados)
Manuais de calidade
Procedementos
1. Procesos estratéxicos
1.1. Dirección estratéxica (DE)
- DE-01: Programación e desenvolvemento estratéxico (2022)
- DE-02: Seguimento e medición (2023)
- DE-03: Revisión do sistema pola dirección (2024: actualizado recentemente)
1.2. Mellora continua (MC)
- MC-02: Xestión das queixas, suxestións e parabéns (2024: actualizado recentemente)
- MC-05: Medición da satisfacción dos grupos de interese (2020)
2. Procesos clave
2.1. Xestión académica (AC)
2.2. Docencia (DO)
2.2.1 Xestión dos programas formativos (DO-01)
- DO-0101: Deseño, verificación, modificación e acreditación das titulacións oficiais (2023)
- DO-0102: Seguimento e mellora das titulacións (2023)
- DO-0103: Suspensión e extinción dunha titulación (2013)
2.2.2. Planificación e desenvolvemento do ensino (DO-02)
- DO-0201: Planificación e desenvovemento da ensinanza (2017)
- DO-0202: Promoción das titulacións (2013)
- DO-0203: Orientación do estudantado e atención ás necesidades específicas de apoio educativo (2021)
- DO-0204: Xestión das prácticas académicas (2024: actualizado recentemente)
- DO-0205: Xestión da mobilidade (2013)
2.2.3. Información pública e rendemento de contas (DO-03)
3. Procesos soporte
3.1. Xestión da infraestrutura (IA)
3.2. Xestión do persoal (PE)
3.3. Xestión documental
Aplicacións
Para xestionar os rexistros do sistema de garantía de cada centro, podes acceder á aplicación de calidade na secretaría.