Sistema de QSP

As queixas, suxestións e parabéns (QSP) son mecanismos activos de participación cidadá de gran importancia para a nosa universidade.

 

O sistema de QSP é un programa propio da nosa universidade baseado nos estándares de calidade para a Administración pública, nos estándares de calidade na educación superior e na lexislación e normativa estatal e autonómica.

O seu obxecto é promover e facilitar as expresións das persoas usuarias dos servizos en relación coa satisfacción ou insatisfacción das súas expectativas ou coas propostas de mellora respecto da forma en que prestamos estes servizos. Esta valiosa información permítenos mellorar, por unha beira, a satisfacción das persoas usuarias e, por outro, os nosos procesos internos que dan lugar á prestación dos servizos públicos.

 

Alcance

O programa esténdese a todos os ámbitos e unidades da Universidade (órganos de goberno, centros, departamentos, servizos, centros de investigación...), e a todos os servizos que prestamos.

 

Exclúense deste sistema os aspectos seguintes:

- As reclamacións respecto das cualificacións das probas de avaliación, que se xestionan a través do procedemento establecido no Regulamento de Estudantes

- As reclamacións, queixas ou consultas cuxa resolución deba ampararse nun procedemento administrativo específico ou na normativa sobre a materia á que se refira.

- As reclamacións e queixas do persoal funcionario e laboral no relativo ás súas relacións de prestación de servizos na Universidade.

Este sistema é independente das actuacións do Tribunal de Garantías. A presentación de QSP non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera persoa interesada.

 

 

 

Consulta aquí os resultados do sistema de QSP:

 

Documentación

Informe do sistema de queixas, suxestións e parabéns 2017 [PDF]809.73 KB