11º Ciclo de Cine e Lingua: proxección de ‘Before Sunset'
Data de celebración:
27 de novembro de 2019 ás 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Extensión UniversitariaLugar
rúa Palma, 4
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialDirixida por Richard Linklater
A programación cultural da Extensión Universitaria da UVigo para este cuadrimestre inclúe o Ciclo de Cine e Lingua, un evento que conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Esta décimo primeira edición céntrase na proxección de películas en VO en inglés con subtítulos en español.
O ciclo de cine en versión orixinal continúa este 27 de novembro coa proxección de Before Sunset (2004), a segunda película da triloxía dirixida por Richard Linklater. Esta vez a historia está ambientada nove anos despois do seu primeiro encontro naquel tren en Europa para retomar a súa historia de amor.