25 aniversario da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Data de celebración:
7 de outubro de 2019 ás 12:00 11 de outubro de 2019 ás 19:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Ciencias Sociais e da ComunicaciónLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Acto institucional , Charlas e seminarios e ConferenciasEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialPreto de 30 titulados e tituladas protagonizan unha serie de coloquios ao longo da semana
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación celebra, do 7 ao 11 de outubro, a semana grande da celebración do seu 25 aniversario. A conmemoración ábrese este luns co acto inaugural e ao longo da semana, o centro acollerá unha serie de coloquios, ás 12.00 e ás 16.00 horas, nos que participarán preto de 30 profesionais formados no centro, así como exposicións e presentacións.