2ª Xornada 'Conectando en Igualdade'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

22 de febreiro de 2024 ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

atlanTTic

Lugar

Edificio Miralles

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala 1 do edificio Miralles

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, organiza, co apoio da Unidade de Igualdade, a segunda xornada do ciclo Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico

O obxectivo deste ciclo é concienciar á sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade. Tras unha primeira xornada, celebrada o pasado mes de decembro, esta segunda sesión centrarase na Intelixencia Artificial (IA) e contará coa participación de varias mulleres expertas neste ámbito.

•    Carmen García Mateo. Investigadora da área Servizos Dixitais de atlanTTic (Universidade de Vigo).
•    Ana Garriga Domínguez. Investigadora do grupo MEDEA-Iuris (Universidade de Vigo).
•    Verónica Bolón Canedo. Investigadora da área Intelixencia Artificial do CITIC (Universidade da Coruña).
•    Silvia Abalo Bóveda. Investigadora da área Información Multimodal de Gradiant.
•    Sonia Valladares Rodríguez. Co-fundadora de DataSalus e investigadora do grupo de Sistemas Intelixentes (Universidade de Santiago de Compostela).
•    Modera: Edita de Lorenzo Rodríguez. Investigadora e enlace de igualdade de atlanTTic (Universidade de Vigo).

Máis información

Web de atlanTTic

Noticias do DUVI sobre o ciclo:

atlanTTic pon en marcha un ciclo de xornadas sobre tecnoloxía e igualdade

As experiencias persoais de cinco enxeñeiras marcan o arranque do ciclo 'Conectando en igualdade' 

Anótao en:

Add to Calendar 2024-02-22 11:00:00 2024-02-22 11:00:00 2ª Xornada 'Conectando en Igualdade' Na sala 1 do edificio Miralles Edificio Miralles atlanTTic Europe/Madrid public