2º taller de Axenda 2030. II Xornadas sODStendo o planeta
Data de celebración:
13 de maio de 2021De 16:00 a 18:00
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Internacionalización e CooperaciónLugar
En liña
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
VirtualÁmbito da prosperidade: outro desenvolvemento é posible
Segundo taller de Axenda 2030. II Xornadas sODStendo o planeta dedicado ao Ámbito da prosperidade: outro desenvolvemento é posible. O obradoiro contará coa participación do investigador da Universidade de Vigo Mario Pansera, gañador dunha axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, que se centrará no papel desempeñado polas organizacións autoxestionadas; de Diego Lores, responsable da Oficina de Dereitos Sociais Colectivo Baladre, que falará sobre renda básica; Miguel Braña, da entidade Reas Galiza de Banca Ética, e Laura Salies e Mario Puccini, que se centrarán no tema dos supermercados cooperativos
O taller pode seguirse en directo a través da canle 3 de UVigoTv.