30 aniversario de Ponte...nas ondas!

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de marzo ás 10:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Ponte...nas ondas! e Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Miralles

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Actuacións

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

Na sala I do edificio Miralles

Entre as 10.00 e as 14.00 horas desenvolverase a retransmisión, desde o campus de Vigo, do programa radiofónico co gallo do 30 aniversario de Ponte...nas ondas!

Alumnado de nove centros de Vigo e a súa bisbarra participará no evento, no que se estreará unha peza musical da docente e compositora Ana Senlle, o CEIP Seis do Nadal e o músico Pancho Álvarez e no que haberá actuacións musicais en directo de Magín Blanco e Xurxo Antúnez, do grupo Os terribles de Donas. Artesáns e artesás e persoas portadoras do patrimonio serán entrevistados polo alumnado, nunha mañá de radio transfronteiriza que contará coa participación de estudantado de 65 centros educativos de toda Galicia e o norte de Portugal.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2025-03-26 10:00:00 2025-03-26 10:00:00 30 aniversario de Ponte...nas ondas! Na sala I do edificio Miralles Edificio Miralles Ponte...nas ondas! Universidade de Vigo Europe/Madrid public