4º Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático
Data de celebración:
19 de marzo ás 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de Vigo e Club Peña TrevincaLugar
Praza do Rei, 1
36202 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De baldeModalidade
PresencialNo auditorio do Concello de Vigo
Este mercores, ao abeiro do IV Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático, o investigador do CSIC Fernando Valladares falará sobre Decrecemento, cara á nova prosperidade, nun relatorio que será presentado pola voceira de Ecoloxistas en Acción, Ana Pascual. Premio Jaume I e Premio Comunicación Ambiental da Fundación BBVA, Valladares é profesor da Universidad Rey Juan Carlos e un científico altamente citado polas súas investigacións sobre diversidade e os impactos do cambio climático.
O Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático está organizado polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e a UVigo.