5º Congreso internacional ADFAS: 'Intervención do Estado na protección da familia'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

17 de abril de 2023
De 10:00 a 18:00 18 de abril de 2023
De 10:00 a 17:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

ADFAS e Asociación de Dereito da Familia e das Sucesións

Lugar

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

A Universidade de Vigo é unha das cinco sedes do 5º Congreso Internacional da Asociación de Dereito de Familia e Sucesións, ADFAS, unha cita que este ano se prolonga desde o 11 de abril ata o día 26 e que se leva a cabo, de xeito presencial, en diferentes universidades de España e Portugal, entre elas Vigo, onde a temática central será a intervención do Estado na protección de familia, incluíndo temáticas como o divorcio exprés, as unións de feito, a xestación subrogada ou a protección da familia nas relacións laborais. A cita é este luns e martes, 17 e 18 de abril, no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídidas e do Traballo.

A conferencia inaugural, ás 10.00 horas, correrá  a cargo das dúas directoras do congreso, a avogada brasileira Regina Beatriz Tavares da Silva, presidenta da Asociación de Dereito da Familia e das Sucesións, ADFAS, e a profesora da Universidade de Vigo María José Bravo Bosch, presidenta da Comisión Española de Historia do Dereito de Familia e Sucesións da ADFAS, así como membro honorario desta asociación.

Máis información

Noticia no Duvi sobre o congreso

Anótao en:

Add to Calendar 2023-04-17 10:00:00 2023-04-17 18:00:00 5º Congreso internacional ADFAS: 'Intervención do Estado na protección da familia' No salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende ADFAS Asociación de Dereito da Familia e das Sucesións Europe/Madrid public