Acto académico da festividade de San Tomé de Aquino

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

28 de xaneiro de 2022 ás 12:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

Poderá seguirse en directo a través da canle 1 de UVigo-Tv

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a celebración do acto académico de festividade de San Tomé de Aquino, no que se entregarán os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster e os Premios extraordinarios de doutoramento correspondentes aos cursos 2019-2020 e 2020-2021.

A este acto están convidadas de xeito presencial todas as autoridades académicas da Universidade de Vigo, tanto o equipo de goberno como todas aquelas persoas que están á fronte dos diferentes decanatos e direccións de centros e departamentos. O resto da comunidade universitaria poderá seguir este acto en directo a través da canle 1 de Uvigo TV.

Con motivo desta celebración todas as instalacións da Universidade de Vigo permanecerán pechadas nesta data, a excepción da propia Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias que abrirá de xeito exclusivo para a celebración deste acto.

Máis información

Noticia no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2022-01-28 12:00:00 2022-01-28 12:00:00 Acto académico da festividade de San Tomé de Aquino Poderá seguirse en directo a través da canle 1 de UVigo-Tv Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Universidade de Vigo Europe/Madrid public