Acto académico da festividade de San Tomé de Aquino
Data de celebración:
28 de xaneiro ás 12:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Fac. CC Económicas e Empresariais Campus Universitario
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Acto académico da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, no que se entregan as distincións académicas do curso 2023/2024. O evento celébrase no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A este acto están convidadas todas as autoridades académicas da Universidade de Vigo, tanto o equipo de goberno como todas aquelas persoas que están á fronte dos diferentes decanatos e direccións de centros e departamentos, así como as persoas galardoadas con algunha das distincións e a comunidade universitaria en xeral. O acto poderase seguir tamén en directo a través da canle 1 de UVigo TV.
Solicítase confirmación de asistencia antes das 14.00 horas do día 23 de xaneiro no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es