Acto de celebración do 30 aniversario do CACTI
Data de celebración:
5 de setembro ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
CACTILugar
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
Presencial30 anos apoiando a investigación
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades
O salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle a celebración dun acto-mesa redonda de celebración do 30 aniversario do CACTI, Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación, da Universidade de Vigo.
Tras a apertura do acto por parte das autoridades convidadas, terá lugar a mesa redonda O papel dos centros de apoio á investigación nas universidades públicas, presentada e coordinada pola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio.
Participantes:
• Betty León,1ª directora do CACTI, Universidade de Vigo
• Ramón Redondo, director do Servicio Interdepartamental de Investigación da Universidad Autónoma de Madrid
• José A. Costoya Puente, director científico da Área de Infraestruturas de Investigación da Universidade Santiago de Compostela
• Gerardo Fernández Martínez, director dos Servizos de Apoio a Investigación da Universidade da Coruña
Tras a mesa redonda está previsto (13.30 horas) realizar un recoñecemento o labor dos técnicos que iniciaron o centro. A clausura do evento será arredor das 13.50 horas.
Máis información
Noticia no Duvi sobre o 30 aniversario do CACTI