Acto de celebración do Día das Letras Galegas

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

15 de maio de 2020 ás 12:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Área de Normalización Lingüística

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

De carácter virtual, a través do Campus Remoto

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Fernando Ramallo, director da Área de Normalización Lingüística, e Jorge Bueno, director do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo conmemora o Día das Letras Galegas, que se celebra este domingo 17, cun acto de carácter virtual no Campus Remoto, que poderá seguirse tamén a través de UVigoTV. Dedicado a afondar na figura do autor homenaxeado neste 2020, Ricardo Carvalho Calero, contará coa intervención en vídeo da profesora emérita do Departamento de Historia Arte e Xeografía e filla do escritor, María Victoria Carballo-Calero; seguida dunha mesa redonda na que participarán a tamén profesora emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, a que fora catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco e a filóloga, ex-deputada autonómica e ex-docente da Universidade da Coruña Pilar García Negro.

O acto completarase coas actuacións musicais en vídeo do acordeonista David Álvarez Caneda e a fagotista Zeltia Augusta Pino, estudantes ambos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus pontevedrés

Anótao en:

Add to Calendar 2020-05-15 12:00:00 2020-05-15 12:00:00 Acto de celebración do Día das Letras Galegas De carácter virtual, a través do Campus Remoto Campus Remoto da Universidade de Vigo Área de Normalización Lingüística Europe/Madrid public