Acto conmemorativo do Día das Letras Galegas

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

19 de maio de 2021 ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias e Música

Entrada:

de balde

Na sala de conferencias da Vicerreitoría do campus

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra, e Eulalia Agrelo, directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do  campus

A Vicerreitoría do campus conmemora a celebración do Día das Letras Galegas cun acto no que a escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela María Jesús Nogueira ofrecerá un relatorio titulado Unha sorte de anarquía. Achegamento á vida de Xela Arias. No acto presentarase tamén o número que a revista Tempos Novos dedica á poeta, da man da súa coordinadora, a profesora da Universidade de Vigo Rexina Vega, o director da revista, Luís Álvarez Pousa, e a catedrática emérita Camiño Noia. Este acto completarase coa interpretación musical de varias pezas nacidas de poemas da autora por parte de Clara Pino e Pablo Vidal.

Por mor das limitacións de aforo ás que obriga a covid-19, o acto terá limitada a súa asistencia presencial, pero poderá seguirse de xeito virtual no Campus Remoto, a través do seguinte enlace, empregando o contrasinal Ky8fRT no acceso para estudantado.
 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-05-19 19:00:00 2021-05-19 19:00:00 Acto conmemorativo do Día das Letras Galegas Na sala de conferencias da Vicerreitoría do campus Vicerreitoría do campus de Pontevedra Vicerreitoría do campus de Pontevedra Europe/Madrid public