Acto de graduación da EE Forestal e conmemoración do 25 aniversario da primeira promoción

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

14 de xuño ás 17:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Escola de Enxeñaría Forestal

Lugar

Escola de Enxeñaría Forestal

Campus Universitario da Xunqueira. A Xunqueira, S/N
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Graduación

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos da EE Forestal

Asisten: Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal, Carlos Souto, director do Campus Crea e Green Campus; Ignacio Lema, director da Axencia Galega da Industria Forestal, e José Fernando Enjamio, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

A Escola de Enxeñaría Forestal celebra o acto de graduación da súa nova promoción de titulados e tituladas, no que se conmemora tamén o 25 aniversario do remate dos estudos da primeira promoción de enxeñeiros e enxeñeiras técnicos forestais formados neste centro.

O acto, que se verá precedido dun xantar de confraternidade de integrantes das primeiras promocións de titulados e tituladas da escola, abrirase cun recoñecemento a Fernando Molina, primeiro director do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e fundador da Asociación Forestal de Galicia. A conmemoración contará coas intervencións do ex-profesor da escola e ex-director do CIF de Lourizán José Antonio Vega, como padriño da promoción que celebra o seu 25 aniversario e da profesora Xana Álvarez, como madriña da promoción que remata os seus estudos en 2019.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-14 17:00:00 2019-06-14 17:00:00 Acto de graduación da EE Forestal e conmemoración do 25 aniversario da primeira promoción No salón de actos da EE Forestal Escola de Enxeñaría Forestal Escola de Enxeñaría Forestal Europe/Madrid public