Acto de graduación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

24 de xuño ás 16:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Graduación

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

No Pazo da Cultura

Asisten: Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Óscar García, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; Gregorio Agís, deputado provincial; Henrique Xoán Rodríguez, presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colef) de Galicia, e Pablo Arias, vicedecano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte celebra no Pazo da Cultura, en tres actos independentes, a graduación das décimas promocións dos tres graos que se imparten no centro. O evento arranca ás 16.00 horas coa graduación de 90 novos titulados e tituladas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que teñen como madriña á profesora Marián Fernández Villarino e como padriño ao docente Alexis Padrón. Ás 17.30 despídese a 80 graduados e graduadas en Educación Primaria e, finalmente, ás 19.00 horas ten lugar o acto do Grao en Educación Infantil, no que 70 novos titulados e tituladas teñen como padriño a profesor Rubén Dominguez.

Os actos contan coa actuación da Aula Permanente de Música Tradicional Galega do campus de Pontevedra.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-06-24 16:00:00 2022-06-24 16:00:00 Acto de graduación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte No Pazo da Cultura Pazo da Cultura de Pontevedra Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte Europe/Madrid public