Acto inaugural do centenario da EUE de Empresariais

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

15 de xaneiro de 2021 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Facultade de Comercio

Lugar

Facultade de Comercio

rúa Torrecedeira 105
36208 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

Cun claustro conmemorativo do celebrado o 15 de xaneiro de 1921

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Consuelo Currás, directora da escola

A EU de Estudos Empresariais, agora Facultade de Comercio, arranca as celebracións do seu centenario coa organización dun claustro conmemorativo do celebrado o 15 de xaneiro de 1921, o primeiro celebrado nesta institución. O acto, que contará coa participación do reitor, o alcalde e a directora da escola, consistirá nunha lectura da acta do claustro constituínte da Escola de Comercio por parte da secretaria María Jesús Barsanti e as intervencións do catedrático emérito Antonio Vaamonde, como voceiro de profesorado e persoal do centro, e da estudante Arame Taboada, en representación do alumnado.

Tras este claustro terá lugar o descubrimento dunha unha placa identificativa no exterior do centro.

Este acto ten carácter semipresencial e será retransmitido telematicamente a través do seguinte enlace: https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884

Máis información

Noticia no Duvi sobre esta celebración

Anótao en:

Add to Calendar 2021-01-15 12:00:00 2021-01-15 12:00:00 Acto inaugural do centenario da EUE de Empresariais Cun claustro conmemorativo do celebrado o 15 de xaneiro de 1921 Facultade de Comercio Facultade de Comercio Europe/Madrid public