Acto inaugural da G-Night. Noite galega das persoas investigadoras

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

24 de setembro de 2021 ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

O Tinglado do Porto de Vigo

Est. Porto, 3
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias e Feira

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

No Tinglado do Porto de Vigo

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da UVigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Internacionais; Belén Rubio, vicerreitora de Investigación; Pablo Carrera, director do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO – CSIC); José Fernández Babarro, vicedirector de Organización do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM – CSIC) e Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant

Baixo o lema Conciencias creativas, hoxe celébrase en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras. A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos e bares, nun ambiente festivo.

O Tinglado do Porto de Vigo acolle a partir das 18.00 horas a inauguración das actividades que se celebran na cidade olívica cunha visita do reitor á feira científica que se celebra nesa ubicación que acolle postos nos que persoal investigador da UVigo desenvolverá actividades divulgativas. No Tinglado tamén se pintará un mural en directo.

O resto de actividades programadas en Vigo desenvolveranse no edificio Redeiras de O Berbés, na Biblioteca Central do campus de Vigo, no bar Vitruvia e no museo Marco. Ademais a embarcación do grupo Geoma, Inndaga, realizará tres paseos científicos desde o Porto de Vigo.

Para participar nas actividades, salvo na feira e na mostra de graffiti, é precisa inscrición previa.

 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-09-24 18:00:00 2021-09-24 18:00:00 Acto inaugural da G-Night. Noite galega das persoas investigadoras No Tinglado do Porto de Vigo O Tinglado do Porto de Vigo Universidade de Vigo Europe/Madrid public