Acto institucional do 25N. Xornadas 'Dixitalización do sistema prostitucional'
Data de celebración:
25 de novembro de 2024 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo de investigación Saúde e Sexualidade e Xénero e a Unidade de Igualdade da Universidade de VigoLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia; Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade; Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social, e María Lameiras e Yolanda Rodríguez, responsables académicas das xornadas
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o acto institucional da UVigo co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, enmarcado na celebración das xornadas Dixitalización do sistema prostitucional: transformación e deslocalización. A actividade está organizada polo Grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero (PT1) e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo contando con financiamento da Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Xunta de Galicia. Ademais de asistir presencialmente, o acto pode seguirse a través de UVigo TV, no seguinte enlace.