XV Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas
Data de celebración:
30 de xuño de 2021 ás 16:00 2 de xullo de 2021 ás 14:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Asociación de Investigadores en Relacións Públicas e Facultade de Ciencias Sociais e da ComunicaciónLugar
Ons
36005 Bueu
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Diferentes prezos É necesaria reserva.Pode seguirse a través de Campus Remoto
Os profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Ana Belén Fernández Souto e Iván Puentes dirixen o XV Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas, que se desenvolverá entre 30 de xuño e o 2 de xullo na illa de Ons, combinando a asistencia presencial co seu seguimento virtual a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Promovido pola Asociación de Investigadores en Relacións Públicas (AIRP), coa colaboración da facultade, a Vicerreitoría do campus e a Deputación de Pontevedra, o congreso conta con preto de 250 inscritos e inscritas, que ao longo das súas tres xornadas presentarán un cento de investigacións.