Augal 2021-2022. 'A canteira da FCSC'
Data de celebración:
13 de decembro de 2021De 16:00 a 20:00
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Cienicias Sociais e da Comunicación e AgadicLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCoa entrega do Premio á mellor curta
O seminario 17 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unha nova sesión da décimo primeira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal. Baixo o título A canteira de FCSC terá lugar un visionado das curtas do curso 2020/2021 realizadas polo alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Presentaranse en total cinco traballos: O que queda de nós, dirixida por Miguel Abad; Termis, de Iván Dasilva; Voces Ocultas, de Andrea Varela; Bombas de palenque, de Martín Arufe, e Versos postmortem, de Nico Nargual. Como novidade desta edición entregarase o Premio á mellor curta.
Máis información