Augal 2024-2025. 'A dirección novel'
Data de celebración:
12 de marzo ás 16:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Comunicación e AgadicLugar
Facultade de Comunicación de Pontevedra
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCoa participación da directora Lucía Estévez
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez. Baixo o título de A nosa canteira. A dirección novel, esta sesión terá como protagonista á directora e egresada da facultade Lucía Estévez, quen falará do seu traballo nas series de televisión Los argonautas e Weiss & Morales.