Celebración do 30 aniversario da Facultade de CC Económicas e Empresariais
Data de celebración:
27 de setembro de 2021 ás 13:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisLugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialDescubrirase un mural conmemorativo desta efeméride
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Jorge Falagán, actual decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Manuel Varela, primeiro decano do centro, e o arquitecto Alfonso Penela
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo comezou a súa andadura no curso 1987-88 nas dependencias do antigo Colexio Universitario de Vigo. No curso 1991-1992 iniciáronse as clases na actual facultade, momento do que agora se celebra o 30 aniversario. Para celebralo, organizouse un acto ao que se convidou a todas as persoas que tiveron relación coa facultade (alumnado, PDI e PAS) para que poidan rememorar nel as súas vivencias neste centro.
Ao final do acto, que poderá seguirse en directo no salón de actos do centro ou vía streaming, descubrirase un mural conmemorativo desta efeméride. As persoas interesadas en seguir o acto en liña deben inscribirse neste enlace