Celebración do Día Internacional da Muller na UVigo
Data de celebración:
7 de marzo de 2024 ás 13:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Unidade de Igualdade e Universidade de VigoLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCoa entrega do premio Uviguala 2024
A Universidade de Vigo conmemora o Día internacional da muller cun acto institucional que se desenvolve na sala 1 do edificio Miralles. Tras unha intervención da poetisa Silvia Penas e a apertura do acto a cargo do reitor, Manuel Reigosa, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, será a encargada de presentar as gañadoras do XII Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, Uviguala 2024, concedido á iniciativa ElasFanCienTec.
O acto poderase seguir en directo a través da canle 1 de UVigoTV.