Celebración das primarias de H2040 para a elección do candidato a reitor da UVigo
Data de celebración:
25 de novembro de 2021 ás 12:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
H2040Lugar
Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialNa aula de grao da Escola de Enxeñaría Industrial no campus de As Lagoas Marcosende
A formación H2040 celebra primarias para a elección do candidato a reitor que se presentará ás vindeiras eleccións que se celebrarán na UVigo. A única candidatura presentada ás primarias de H2040 é a de Manuel Reigosa Roger, actual reitor da Universidade de Vigo.
A xuntanza terá lugar na aula de grao da Escola de Enxeñaría Industrial en formato presencial e tamén se poderá seguir de xeito virtual a través do Pazo de Congresos SOO-Auditorio de Campus Remoto. Este é o enlace para poder seguir a reunión de xeito virtual (*clave de acceso estudantado: non require).
Rematada a sesión haberá declaracións presenciais aos medios.