Celebración de Santa Bárbara 2019, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

3 de decembro de 2019 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Lugar

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Rúa Maxwell 10
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na aula de graos da escola

Dentro dos actos de celebración da patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Santa Bárbara, o centro acolle este martes diferentes actividades. O programa comeza co relatorio Apuntes sobre a transición enerxética en España, impartida por Juan José Fernández Díaz, decano do Colegio de Ingenieros de Minas del NW, Coimme. A continuación, ás 12.45 horas, terá lugar a sesión informativa Saídas profesionais na enxeñaría de minas. A profesión regulada de enxeñeiro/a de minas, impartida tamén por Juan José Fernández Díaz.

Para concluír, ás 13.00 horas, o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste de España fará entrega do I Premio ao mellor expediente de acceso ao Máster universitario en Enxeñaría de Minas desde o Grao en Enxeñaría da Enerxía e do I Premio ao mellor expediente de acceso ao Máster universitario en Enxeñaría de Minas desde o Grao en Enxeñaría dos Recursos Enerxéticos e Mineiros.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-12-03 12:00:00 2019-12-03 12:00:00 Celebración de Santa Bárbara 2019, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Na aula de graos da escola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Europe/Madrid public