Ciclo Cine e Lingua: 'Adeus á miña concubina'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

2 de abril de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio do edificio Cambón

Adeus a miña concubina, obra do director Chen Kaige, sitúase na China na década de 1920. No medio dunha inestable situación política, a ópera, na que as personaxes femininas deben ser interpretadas por homes, é unha constante na vida cotiá. A película de 1993 afonda na relación entre Douzi e Shitou, dous mozos destinados a ser estrelas da ópera de Pekín.

A entrada é de balde e unha vez rematada a proxección comezará un coloquio moderado pola docente de chinés da Aula Confucio da Universidade de Vigo Lili Wo.

O ciclo Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, acada este ano a súa 10ª edición.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-04-02 20:00:00 2019-04-02 20:00:00 Ciclo Cine e Lingua: 'Adeus á miña concubina' No auditorio do edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas Universidade de Vigo Europe/Madrid public