Ciclo Cine e Lingua: 'Il Postino'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

30 de abril de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas

rúa Palma, 4
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No auditorio do edificio Cambón

Il Postino narra a historia de Mario, un home que tras aceptar o emprego de carteiro nunha pequena aldea italiana convértese no encargado de levar o correo a un único destinatario: o poeta Pablo Neura, quen vive alí exiliado. A película de 1994 de Michael Radford, que afonda na amizade entre os dous homes, acadou o Oscar á mellor Banda Sonora Orixinal.

A entrada é de balde e unha vez rematada a proxección comezará un coloquio moderado pola docente de italiano do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, Francesca Carlucci, xunto coa psicóloga experta en comunicación, Daniela Sarraino.

O ciclo Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, acada este ano a súa 10ª edición.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-04-30 20:00:00 2019-04-30 20:00:00 Ciclo Cine e Lingua: 'Il Postino' No auditorio do edificio Cambón Edificio Cambón, sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas Universidade de Vigo Europe/Madrid public