Ciclo de cine 'Subordinadas, coordinadas, xustapostas'
Data de celebración:
27 de maio de 2022 ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialProxección de 'O rastro da pantera'
A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de O rastro da pantera (1954), de William A. Wellman, nunha nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.
Conformado por once proxeccións, este ciclo inserido na programación cultural da Vicerreitoría desenvólvese nas tardes dos venres, entre o 25 de marzo e o 10 de xuño.