Ciclo de coloquios 'O mundo desde aquí'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

13 de xuño de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Igadi

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Coa participación do doutor en Ciencias Políticas mexicano Antonio Alejo

A sede da Vicerreitoría do campus acolle a presentación do libro Política Global y Sociedad Civil en las Américas: Nuevas Diplomacias en Argentina e Mexico, do mexicano Antonio Alejo, doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

O coloquio, no que este experto abordará o concepto transformador en dereitos humanos da paradiplomacia cidadá, centrándose no caso de América e as distintas réplicas globais, enmárcase no ciclo de coloquios e libros O mundo desde aquí, que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) promove neste mes de xuño na sede da Vicerreitoría co obxectivo de abrir un espazo de encontro para pensar o mundo desde Galicia, aproveitando temáticas variadas e a recente publicación de libros por parte de colaboradores e investigadores asociados ao Igadi.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-13 20:00:00 2019-06-13 20:00:00 Ciclo de coloquios 'O mundo desde aquí' Coa participación do doutor en Ciencias Políticas mexicano Antonio Alejo Vicerreitoría do campus de Pontevedra Igadi Europe/Madrid public