Ciclo de coloquios 'O mundo desde aquí'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

27 de xuño de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Igadi

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Conferencias

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Coa participación do escritor e investigador Moncho Iglesias

A sede da Vicerreitoría acolle o relatorio O mundo en viaxes, a cargo do escritor, investigador e profesor de español en Bangladesh Moncho Iglesias, que presentará neste acto o seu libro Tren, concibido durante unha estadía de dous anos en China.

A actividade enmárcase no ciclo de coloquios e libros O mundo desde aquí, que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) promove neste mes de xuño na sede da Vicerreitoría co obxectivo de abrir un espazo de encontro para pensar o mundo desde Galicia, aproveitando temáticas variadas e a recente publicación de libros por parte de colaboradores e investigadores asociados ao Igadi.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-27 20:00:00 2019-06-27 20:00:00 Ciclo de coloquios 'O mundo desde aquí' Coa participación do escritor e investigador Moncho Iglesias Vicerreitoría do campus de Pontevedra Igadi Europe/Madrid public