Ciclo 'Coloquios en tempos de pandemia'
Data de celebración:
10 de marzo de 2021 ás 12:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Fundación MentorLugar
En liña
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
VirtualCon Marta Martínez, conselleira delegada de T-Solar
Na semana na que se celebra o Día Internacional da Muller, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Fundación Mentor organizan, dentro do ciclo Coloquios en tempos de pandemia, o relatorio titulado Experiencias en primera persona, impartido pola conselleira delegada de T-Solar Marta Martínez Queimadelos, egresada da Universidade de Vigo que conta cunha gran traxectoria profesional como alta executiva en varias das principais empresas do país, sobre todo do sector da automoción e a enerxía.
O coloquio comeza ás 12.30 h e as persoas interesadas en asistir deben inscribirse no seguinte enlace.