Ciclo de conferencias 'O patio escolar como espazo educador'
Data de celebración:
20 de abril de 2023 ás 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Área de Didáctica da Expresión Plástica da Facultade de Ciencias da Educación e do DeporteLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ConferenciasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 8 de Ciencias da Educación e do Deporte
Promovido pola Área de Didáctica da Expresión Plástica, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o ciclo de conferencias O patio escolar como espazo educador, que ten como obxectivo reflexionar sobre as posibilidades educativas destes espazos a través de exemplos de intervencións que contribúen a modificar a relación do alumnado co espazo escolar.
O ciclo complétase nesta xornada cun coloquio coa arquitecta e educadora Mar Penela, responsable do proxecto Trees_Ecosistemas Educativos.