Ciclo de conferencias sobre o selo HRS4R: Recursos humanos en Investigación

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de xuño de 2022
De 12:00 a 13:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Investigación

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

Centrada nas boas prácticas da comunicación do logo HRS4R

O ciclo de Xornadas sobre o Selo Europeo de Recursos Humanos en Investigación (HRS4R) ten como obxectivo dar a coñecer as boas prácticas e iniciativas que se están a desenvolver no marco deste proxecto, das que a institución forma parte desde 2017, ano no que obtivo a devandita acreditación.
 
Nesta ocasión, o ciclo abordará a mellor forma de divulgar e difundir desde as universidades as prácticas deste selo, para o que se contará coa intervención de Rosa Mesa, xefa da Oficina de Proxectos Europeos na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.

A sesión pode seguirse en liña a través do Campus Remoto da UVigo, previa inscrición (ata o propio xoves 30 de xuño ás 09.00 horas).

Anótao en:

Add to Calendar 2022-06-30 12:00:00 2022-06-30 13:00:00 Ciclo de conferencias sobre o selo HRS4R: Recursos humanos en Investigación Centrada nas boas prácticas da comunicación do logo HRS4R Campus Remoto da Universidade de Vigo Vicerreitoría de Investigación Europe/Madrid public