Ciclo de conversas Tea Mariñeira
Data de celebración:
17 de xuño de 2021De 16:00 a 18:00
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Curso de especialista Icemar da Universidade de VigoLugar
En liña
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
VirtualRetransmitido en directo
Nova de sesión do ciclo de Conversas Tea Mariñeira, actividade organizada ao abeiro do curso de especialista de Innovación, Competitividade e Emprendemento, Icemar, dirixido polas profesoras Maruxa Álvarez e Ángeles Pariente.
Baixo o título Converter o invisible en visible, participarán nesta charla o escritor Domingo Villar e o catedrático da UVigo, Jesús Souza Troncoso, investigador do Centro de Investigación Mariña, ex-decano da Facultade de Ciencias do Mar e integrante de distintas campañas oceanográficas e expedicións científicas. Ademais, participarán tamén Antonio Castro, director de proxectos na asociación Chelonia, entidade internacional sen ánimo de lucro, dirixida a realizar estudos científicos e de conservación de especies e ecosistemas ameazados, así como á execución de proxectos de cooperación internacional; Patricia Sánchez, do proxecto Ewa, no que se integran diferentes creadores vigueses na busca da transformación dos espazos públicos a través da arte e a poesía, e Doni Murgiondo, da Axencia Europea de Control da Pesca.
Unha vez rematado este acto, terá lugar na praza Miralles un acto de sinatura de libros co escritor Domingo Villar -non é preciso inscribirse-.