Ciclo 'Creativas na rede: campañas, responsabilidade e efectos da publicidade'
Data de celebración:
15 de abril de 2024 ás 12:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Facultade de ComunicaciónLugar
Facultade de Comunicación de Pontevedra
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ConferenciasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Aula de Cine da Facultade de Comunicación
A Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión do ciclo Creativas na rede: campañas, responsabilidade e efectos da publicidade, que busca achegar o alumnado ao traballo de directoras creativas formadas neste centro. Coordinado polo profesor Alberto Dafonte e promovido co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo, este ciclo acolle nesta xornada un relatorio por videoconferencia de Elena Domínguez, directora creativa en We Are Social, onde, xunto a outros traballos, foi responsable das campañas en redes sociais de Netflix.