Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Conferencia do escritor Ramón Caride

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

13 de outubro de 2021 ás 17:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Isabel Mociño

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde. É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle durante o mes de outubro unha nova edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, que nesta ocasión leva por lema Para ler (n)un mundo sustentábel. Ao longo de catro sesións, futuras mestras e mestres terán a oportunidade de dialogar con creadoras e creadores sobre a súa obra, centrándose nesta ocasión en como nelas se plasma o compromiso por acadar un mundo mellor. Nesta segunda sesión o escritor Ramón Caride falará sobre Onde sustentamos as nosas ficcións? (Ciencia, tradición e actualidade na miña obra).

A actividade, que celebra a súa sétima edición, está organiza como en anteriores ocasión pola profesora da Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo Isabel Mociño, contando co apoio das profesoras Verónica Pousada e Eulalia Agrelo. Para a súa realización, o ciclo volve a ter o apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Facultade de Educación e Traballo Social e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua, que colabora con esta actividade ao abeiro do convenio que ten coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Máis información

Nova

Anótao en:

Add to Calendar 2021-10-13 17:00:00 2021-10-13 17:00:00 Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Conferencia do escritor Ramón Caride Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro Edificio de Ferro Isabel Mociño Europe/Madrid public