Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Conferencia de Francisco Castro

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

4 de outubro de 2022 ás 17:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Educación e Traballo Social

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro

Coeducamos? Con esta pregunta de fondo lánzase na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense unha nova edición, a oitava, do seu Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Cada martes do mes de outubro desenvolverase neste centro unha conferencia que permitirá establecer un diálogo directo entre o público interesado, sobre todo as e os futuros mestres e mestras que se forman no campus, e as creadoras ou creadores de obras para as e os lectores máis novos. A primeira sesión, o día 4, leva por título A literatura infantil: falar dos temas “feos” e será ofrecida por Francisco Castro, escritor e director da Editorial Galaxia. A elección deste autor, explican desde a organización, débese a que ten “unha obra que enlaza moi ben co público xuvenil porque é un autor valente, no senso de que trata temas de actualidade, non lle dá medo tratar temáticas ás veces consideradas tabú ou que aparecen pouco na literatura, como o maltrato dentro da parella de adolescentes, enfermidades como o alzhéimer ou as identidades nas redes sociais”.

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2022-10-04 17:00:00 2022-10-04 17:00:00 Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Conferencia de Francisco Castro Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro Edificio de Ferro Facultade de Educación e Traballo Social Europe/Madrid public