Cinema de outono 'Sobre vivir'
Data de celebración:
17 de xaneiro ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialProxección de 'Os valentes andan sós'
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Os valentes andan sós (1962), de David Miller, na última sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.