Clausura da exposición 'G-Book' cunha sesión de contacontos

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

1 de outubro de 2018
De 13:00 a 14:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Grupo de investigación Literatura Infantil Angloxermana e a súa Tradución e Isabel Mociño

Lugar

Biblioteca Rosalía de Castro

Biblioteca Central
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Actuacións , Exposición e Lecturas

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Será na Biblioteca Rosalía de Castrp

Durante este mes de setembro, o recuncho temático de fomento da lectura situado na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense acolleu unha mostra de libros infantís, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 10 anos, non estereotipados e non sexistas. A exposición é unha das actividades do proxecto europeo Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, no que participa a Universidade de Vigo. No acto de peche participarán responsables da exposición, persoal da Biblioteca Rosalía de Castro, representantes da Universidade de Vigo, alumnado do grao en Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación e nenas e nenos da escola infantil do campus. Durante a clausura procederase á lectura de tres dos contos que forman parte da selección de obras exposta, como son Caracol e caracola, Rosa Caramelo e Un máis.

Anótao en:

Add to Calendar 2018-10-01 13:00:00 2018-10-01 14:00:00 Clausura da exposición 'G-Book' cunha sesión de contacontos Será na Biblioteca Rosalía de Castrp Biblioteca Rosalía de Castro Grupo de investigación Literatura Infantil Angloxermana e a súa Tradución Isabel Mociño Europe/Madrid public